Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 7 de xuño

10.00 h
No salón de actos do edificio Cersia, en San Lázaro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do proxecto SPIN&UP, xunto coa concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois.

11.00 h
No Museo do Pobo Galego, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, da directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia, e da directora da MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico), Ana Estévez Lavandeira, para presentar a programación da 11ª edición, que se vai desenvolver do 13 ao 18 de xuño.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para presentar a liquidación do orzamento de 2015.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día: PUNTO ÚNICO: subscrición dun convenio marco de colaboración entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e a entidade pública empresarial ADIF-alta velocidade, para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Santiago de Compostela e o seu entorno urbano.

19.00 h
No museo do Pobo Galego, acto de presentación de "Compostela, Territorio das Mulleres". A través deste proxecto, impulsado pola Concellaría de Igualdade, búscase poñer en valor as iniciativas a prol da igualdade de xénero na cidade, así como implicar os axentes sociais e o sector económico co fin de crear un mapa de recursos, lugares e equipamentos que axuden a facer de Santiago de Compostela unha cidade igualitaria e amigable coas mulleres. Asiste o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Marta Lois.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto de fin de curso dos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais.

Compartir: