Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 24 de xuño

20.30 h
No Teatro Principal, concerto ‘Postal con palmeiras ardendo’ con Chicharrón e Ataque Escampe.

FESTAS DE SAN XOÁN

Roteiro libre polas fontes da cidade para coller a "flor da auga" e cumplimentar os ritos tradicionais da mañá de San Xoán

12h-15:30h Apertura do mercado tradicional de San Xoán, do espazo de botánica coordinado polo CIAC, e da zona gastronómica Área Asardiñada. Reparto de auga máxica de herbas de San Xoán segundo dispoñibilidade. Praza de Mazarelos.

12:30h-14h Obradoiro de cesteiría da man de Carmen Recimil. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo. Praza de Mazarelos.

13h-13:45h Contada tradicional a cargo de Raquel Queizás. Público familiar. Praza de Mazarelos.

15:30h -17:30h Peche de espazos para pausa mediodía.
17:30h-23:30h Apertura do mercado tradicional de San Xoán e do espazo gastronómico Área Asardiñada. Praza de Mazarelos.

17:30-19h Obradoiro de colocación de pano tradicional da man de Melania Freire. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de material. Praza de Mazarelos.

19:30h-20:30h Obradoiro de iniciación ao baile tradicional (baile solto e bailes agarrados) con música ao vivo da man de Montse Rivera e Ariel Ninas. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo. Praza de Mazarelos.

22h-23h Actuación musical: Bouba Pandereteiras. Praza de Mazarelos.
23h-23:30h Conxuro con degustación de queimada. Praza de Mazarelos.

Compartir: