Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 20 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deporte, Rafael Peña, para presentar o IV Campus de Fútbol de Verán da Fundación Atlético de Madrid. Tamén participará o coordinador do Campus, Héctor Antelo.

12.00 h
No Cersia (rúa Alcalde Ramundo López Pol), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a entrega de premios da campaña Reciclar na escola ten premio, da iniciativa Tropa Verde.

18.30 h
Na entrada do paseo da Ferradura da Alameda (diante da cafetería), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición conmemorativa 15 anos do ProxectoTERRA. Tamén participan o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño; o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte; a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas; o presidente da Delegación de Santiago do COAG, Santiago García; e o coordinador do ProxectoTERRA e responsable da montaxe da exposición, Xosé Manuel Rosales.

Compartir: