Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 18 de xuño

11.45 h
No Pavillón do Restollal, o concelleiro de Deporte, Rafael Peña, asiste á entrega de premios da III Gala de Judo Batsugun.

12.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega das Medallas ao Mérito e a Constancia a 16 integrantes da Agrupación de Protección Civil de Santiago, con motivo do seu 20º aniversario.

20.00 h
No Salón Teatro, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á representación da obra Búscame a ese tipo, a cargo do Grupo de Teatro Down Compostela.

20.30 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á entrega de premios da 11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico.

2º ENCONTRO DAS ESCOLAS MUNICIPAIS E AGRUPACIÓNS DE MÚSICA DE RIANXO, SANTA CRUZ DE RIVADULLA, A CORUÑA E SANTIAGO
13:00 h
Na praza do Toural, concerto da Banda de Iniciación da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.
19:00 h
En Porta Faxeira, Gaiteiros "Río de Anxo", do Concello de Rianxo.
19:00 h
Na praza do Toural, concerto da Orquestra da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.
19:00 h
Na praza das Praterías, concerto da Banda da Escola Municipal de Música de Santa Cruz de Rivadulla-Vedra.
19:45 h
Na praza das Praterías, concerto da Banda da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.
20:00 h
Na praza de Cervantes, Gaiteiros "Río de Anxo", do Concello de Rianxo.
21:00 h
Na praza das Praterías, acto de clausura do 2º Encontro de Escolas Municipais de Música, coa interpretación do Himno da Alegría, no que participarán todas as agrupacións. Solta de Pombas polo Club Colombófilo "Alas Compostelanas".
21:30 h
Na praza das Praterías, concerto da Aula de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña.

Compartir: