Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 16 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, e da presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, para presentar un novo programa de promoción turística das Festas de San Xoán.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, María Corral, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Acción Cultural, Branca Novoneyra, sobre a Casa da Xuventude.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; Guillerme Fernández, voceiro de Músicos ao Vivo; e Pablo Buján, director comercial das Bodegas Martín Códax; para presentar a Festa Martín Códax da Música ao Vivo, que se celebra o 21 de xuño, Día Europeo da Música 2016. Na rolda tamén participará Faia Díaz, integrante do grupo De Vacas, Premio Martín Códax 2016.

14.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á clausura do Foro da Innovación no Emprego.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das seguintes actas:
Sesión ordinaria do día 28 de abril de 2016 (núm. 7/16).
Sesión extraordinaria do día 28 de maio de 2016 (núm. 9/16).
2. Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM no ámbito do equipamento deportivo ZD-7 en Agra dos Campos-Aríns.
3. Aprobación inicial da modificación puntual do Regulamento do Consello Sectorial de Medio Ambiente.
4. Aprobación inicial da Ordenanza de Garantía Básica Cidadá do Concello de Santiago de Compostela.
5. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, co fin de estudar e tratar o futuro da Galería Sargadelos.
6. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á seguridade das rúas San Martiño, C261 e rúa Senande de Aríns.
7. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre o acondicionamento e mellora das áreas recreativas de Chaián e a Barciela, na ribeira do Tambre.
8. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para a mellora do contorno do Monte Pedroso.
9. Proposición do grupo municipal do BNG, para promover a constitución e dinamización dos Consellos Municipais.
10. Dar conta da liquidación do orzamento do exercicio de 2015.
11. Dar conta de nomeamento de representantes da Cámara de Comercio e USC, no Consello Municipal de Turismo.
12. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
13. Comparecencia da concelleira, Branca Novo Rey, acordada na sesión plenaria ordinaria do día 19 de maio de 2016.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h
Na praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño.

20.30 h
No Palacio de Congresos (Sala Compostela), o concelleiro de Deporte, Rafael Peña, asiste á Gala do Fútbol Galego 2016.

20.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), El Punto! Danza Teatro presenta El Olimpo no es aquí, dentro do programa Danza a Escena do INAEM.

Compartir: