Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 20 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos traballadores municipais con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, recibe os os estudantes do I Intercambio do Programa Universitario de Maiores do IV Ciclo da USC coa Universidade de Extremadura.

17.00 h
En Área Central, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, inaugura o mercadiño solidario "Trócame-Roque", organizado pola rede comunitaria de Fontiñas. (De 16.30 a 19.30 horas).

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Mi relación con la comida’, monólogo de Angélica Liddell protagonizado por Esperanza Pedreño, dentro da programación de Teatro.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maxim Emelyanychev, dentro do Programa de Abono. Interpretan obras de M. Ravel, G. Fauré, F. Poulenc e L.V. Beethoven.

Previsións informativas para o domingo 22 de maio

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Big Band de Impro, orquesta multidisciplinar de improvisación dirixida por Omar Argentino. Dentro de 'Imperdible. Festival Internacional de Impro de Galicia'.

Compartir: