Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 2 de maio

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego, Marta Lois, para presentar a curta sobre o Mercado de Salgueiriños, que se estreará o martes no Teatro Principal. Estará acompañada do director da curta, Marcos Nine, e o compositor da súa banda sonora, Alejandro Vargas.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez López. SÓ GRÁFICOS.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a programación cultural do mes de maio.

12.00 h
Na Cidade da Cultura (explanada de acceso ao túnel de servizo), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de apertura do Bosque de Galicia, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

13.30 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro "Fernando González Laxe, discursos parlamentarios.

19.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto co concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, reúnese coa asociación de veciños Río Sarela da Peregrina (no local social).

20.30 h
No Teatro Principal, concerto do Mallorca Saxophone Ensemble, ensemble de saxofóns do Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares, dirixido por David Fiuza.

Compartir: