Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 19 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar a xornada NOS Day, acompañada de dous dos organizadores do evento, David Pombar, CEO de SetPay, e Paloma Barreiro, directora de Barrabés Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 17 de marzo de 2016 (núm. 5/16).
2. Dar conta do escrito de renuncia ao cargo de concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Dona Mª José Tobar Quintanar.
3. Proposta da alcaldía de nomeamento de dous expertos en temas medio ambientais como membros do Consello Municipal de Medio Ambiente.
4. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a regularización e apertura dun procedemento para facilitar a recuperación e reapertura de catro quioscos.
5. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a licitación e inicio das obras de urbanización da rúa Cañoteira en Meixonfío.
6. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre adopción de medidas de seguimento dos acordos adoptados no pleno.
7. Proposición do grupo municipal do BNG, para promocionar, dignificar e impulsar socialmente a lingua galega.
8. Dar conta da constitución do Consello Municipal de Medio Ambiente.
9. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
10. Comparecencia do alcalde acordada na sesión plenaria ordinaria do día 28 de abril de 2016.
11. Comparecencia do concelleiro delegado de espazos cidadáns, acordada na sesión plenaria ordinaria do día 28 de abril de 2016.
12. Solicitude do BNG para comparecencia da concelleira delegada de acción cultural.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Mi relación con la comida’, monólogo de Angélica Liddell protagonizado por Esperanza Pedreño, dentro da programación de Teatro.

Compartir: