Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 13 de maio

11.00 h
Na praza da Quintana, comezo do Correlingua co seguinte percorrido: rúa da Conga, rúa Nova, Caldeirería, Preguntoiro, Cervantes, Troia, Fonte de San Miguel, Porta da Pena, Xasmíns, avenida de Xoán XXIII, San Francisco, Obradoiro, Fonseca e Xelmírez, para rematar de novo na Quintana. Unha vez finalizado o percorrido, a partir das 12:00 horas, terá lugar un final de festa na Quintana, presentado por Talía Teatro. No seu transcurso lerase o manifesto gañador, escrito por alumnado de portugués do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o Programa de Conciliación de Verán 2016.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.00 h
En Pontepedriña, a concelleira de Políticias Sociais, Concha Fernández, asiste ao V aniversario do centro de maiores Geriatros Santiago.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro da sección 'Descubre unha orquestra para ti, a túa!’. Interpretan unha selección do ‘Soño dunha noite de verán’ de Mendelssohn.

20.30 h
No Teatro Principal, a Compañía Mal Pelo presenta ‘Bach’ de María Muñoz coa colaboración do Teatro Real e o Teatre Lliure. Dirixida por María Muñoz e Pep Ramis, enmárcase dentro do programa Platea do INAEM.

Compartir: