Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 9 de abril

10.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, as concelleiras de Políticas Sociais e de Deporte, Concha Fernández e Noa Morales, asisten á inauguración dos XXI xogos autonómicos Special Olympics. Ás 19.00 h, clausura.

12.00 h
No Centro Ágora da Coruña, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de adhesión ao programa Apego de once novos concellos.

16.30 h
No Pavillón Municipal de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao III Torneo Viravolta Santiago de ximnasia rítmica, no que participarán máis de 400 ximnastas de toda Galicia.

22.00 h
No Teatro Principal, concerto de Fredi Leis, enmarcado no ciclo Santiautor 2016.

Previsións informativas para o venres 8 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a XXI edición dos xogos autonómicos Special Olympics. Na rolda tamén estarán Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia; Anxela Franco Pouso, deputada de Benestar Social, Educación e Politicas de Igualdade de Xénero; un membro da Xunta Directiva da Asociación ASPAS; e un atleta que participará o sábado nos xogos.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, clausura os actos de celebración do Día internacional do Pobo Xitano. A concelleira de Políticas Sociais, participa na inauguración ás 17.00 horas.

20.00 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de inauguración da exposición "AIRIÑOS, AIRES, ROSALÍA", do fotógrafo Xurxo Lobato.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Reikiavik’ con texto e dirección de Juan Mayorga. Con César Sarachu, Daniel Albadalejo e Elena Rayos. Ao remate da función, coloquio co autor e director, Juan Mayorga.

Compartir: