Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 7 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a MediaSan do Camiño. Na rolda tamén estarán Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, e a gañadora da edición do ano pasado, Raquel Suárez.

11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado polo concelleiro de Educación, Manuel Dios, recibe os alumnos e alumnas de 3º da ESO do colexio Misioneras de la Providencia, de Salamanca, que se atopan en Santiago participando no programa Aula de Patrimonio, do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Tamén asiste o alumnado do centro anfitrión, o IES Eduardo Pondal.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Branca Novoneyra, para presentar as bases reguladoras da convocatoria aberta de subvencións de apoio en metálico ou en especies a actividades culturais no 2016.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Concellería de Benestar Social, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, preside a xuntanza da Mesa de Coordinación da axuda ás persoas refuxiadas.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con Christoph König, previo ao concerto que dirixe da Real Filharmonía de Galicia ás 21.00 h.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de João Afonso que presenta Sangue Bom.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia que dirixe Christoph König e con Jordi Ortega, trompa. Interpretan obras de J. Offenbach, W.A. Mozart e R. Schumann.

Compartir: