Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 6 de abril

9.45, 11.30 e 13.00 h
No Teatro Principal, función didáctica de ‘Pygmalion’ (en inglés) de Recursos Educativos.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o programa RÚAS (Rexeneración Urbana. Arte. Santiago), xunto Pablo Castiñeira, xerente e director de proxectos de Vella Escola.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a Andaina Solidaria, organizada polo Club Deportivo Fontiñas. Na rolda tamén estarán Iñaki Bilbao, responsable do Club e Irene Marín, directora de Comunicación de Unicef Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Parlamento, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega das medallas do Parlamento de Galicia.

18.30 h
No CSC de Villestro, a concelleira Marta Lois acode á sesión de teatro no rural que pecha o obradoiro Vida Propia.

20.00 h
Na Fundación Eugenio Granell, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á inauguración da exposición Philip West. Itinerarios equivocados.

20.30 h
Na cafetería Airas Nunes, celebración de Reinventio Compostela, un evento creado para compartir historias de reinvención no ámbito do emprego organizado polas Concellerías de Desenvolvemento Económico e Políticas Socias e o movemento XerAcción XV.

Compartir: