Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 28 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar os tres solos de danza que se celebran esta fin de semana dentro dos actos do 175 aniversario do Teatro Principal. Estarán tamén na rolda, Begoña Cuquejo de trasPediante e Javier Martín. A concelleira tamén presentará a actividade Escola de DJ, que se celebrará no CSC de Conxo.

11.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao sorteo Fase Final 3ª División nacional de fútbol sala, na que participará o Santiago Futsal B.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego, Marta Lois, para presentar as Xornadas Diálogos polo emprego no ámbito local: o mercado de traballo no sector da hostalería".

13.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Deporte, Noa Morales, recibe o deportista Borja Golán.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das actas correspondentes:
Sesión extraordinaria do día 15 de marzo de 2016 (acta núm. 4/16).
Sesión extraordinaria do día 29 de marzo de 2016 (acta núm. 6/16).
2. Solicitude de inicio de avaliación ambiental da modificación puntual do PXOM para o sinalamento de aliñacións na N-525. Tramo I. Núcleo da Susana.
3. Solicitude de inicio de avaliación ambiental da modificación puntual da OE-5 Galeras, no ámbito do antigo hospital.
4. Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM e do PE-8 no ámbito do equipamento universitario EU-2. Grupo de Vivendas San Ignacio de Loyola.
5. Aprobación definitiva do estudo de detalle para a rehabilitación de fachada en bloques de vivendas na rúa de Carlos Maside.
6. Aprobación da adhesión do Concello á Red Española de Ciudades por el clima.
7. Aprobación dos Estatutos da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago.
8. Constitución do Consello Municipal de Medio Ambiente.
9. Aprobación inicial da ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos.
10. Proposta de creación da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero.
11. Resolución de alegación, e aprobación definitiva do Regulamento do Consello Municipal de Turismo e Cidade de Santiago de Compostela.
12. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, do orzamento e cadro de persoal do Concello para o ano 2016.
13. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a adopción de medidas para mellorar a información das incidencias de tráfico polas obras.
14. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para a implantación de novos servizos de telecomunicación no lugar de cabinas telefónicas.
15. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para a mellora de información e acceso ao bosque de Galicia e cidade da cultura.
16. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, en relación a obras a levar a cabo nos barrios Amio-San Lázaro.
17. Designación dun/unha concelleiro/a no Pleno da Mancomunidade da Comarca de Compostela.
18. Solicitude do grupo municipal do BNG, de comparecencia do alcalde.
19. Solicitude do grupo municipal do Partido Popular, de comparecencia do concelleiro de espazos cidadáns, dereito á vivenda e mobilidade.
20. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
21. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
22. Rogos e preguntas.
23. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Denis Kozhukhin, dentro do Ciclo de piano Ángel Brage. Interpreta obras de Haydn, Brahms e Prokofiev.

Compartir: