Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 26 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, os concelleiros Rafael Peña e Noa Morales reciben os irmáns santiagueses Alejandro e Nerea Cereijo, que acaban de proclamarse campións galegos de xadrez na categoría sub-8 e representarán a Galicia no vindeiro Campionato de España que se disputará no mes de xuño en Salobreña (Granada). A continuación,
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros Rafael Peña e Noa Morales, para presentar a Copa Galicia de Clubs de Xadrez, unha proba de referencia a nivel galego e unha das de máis nivel, que nesta ocasión organiza o Colexio Manuel Peleteiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre asuntos da súa área.

18.00 h
No IES Xelmírez I, a tenente de alcalde, María Rozas, asiste á inauguración da xornada "Xosé Calviño: a educación das persoas adultas. Análise e perspectivas".

20.30 h
No Teatro Principal, SeXpeare Producciones presenta ‘Rinconete y Cortadillo’ de Alberto Conejero. Con Santiago Molero e Rulo Pardo, dirixidos por Salva Bolta. Dentro dos actos de celebración do 175 aniversario do Teatro Principal.

Compartir: