Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 25 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na sala de prensa do Reitorado, a concelleira Marta Lois, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da oitava edición do programa Verán Campus.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o II Encontro Internacional de Novos Investigadores de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade. Estará acompañada polas presidenta e secretaria da Asociación Cultural de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, Rebeca Cordeiro e Alia Vázquez.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Sol Picó Compañía de Danza presenta ‘ W.W. (We Women)’. Con Julie Dossavi, Minako Seki, Shantala Shivalingappa e Sol Picó.

Axenda Bos Aires (entre paréntese, hora en Santiago)

11.30 h.- (16.30 h)
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, visita a Librería Mi Casa. Nurit Kazstelan.
17:00 h.- (22.00 h)
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, visita o CIA (Centro de Investigaciones Artísticas).

Compartir: