Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 23 de abril

11.30 h
Na Galería Sargadelos, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste á sesión de contos pensada especialmente para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados das súas familias, no marco da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura e con motivo do Día do Libro.

12.00 h
En San Marcos (rúa Coto dos Olmos), a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao encontro entre o alumnado de lingua de signos e a Asociación de Persoas Xordas de Santiago.

17.30 h.
Na Praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, recibe os participantes no II Camiño da Diversidade, da Fundación Ingada (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados).

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta ‘Shakespeare para ignorantes’ de Quico Cadaval. Con Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

Axenda Bos Aires (entre paréntese, hora en Santiago)

16.00 h.- (21.00 h)
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto "Buenos Aires celebra Galicia"
Lugar: Avda. de Maio
17.30 h.- (22.00 h)
Conferencia do alcalde de Santiago sobre "Proceso constituínte en Galicia. Fórmulas de representación cidadá nunha Europa en crise."
Organiza: Central de Trabajadores Argentinos (CTA)
20:00 h.- (01.00)
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentan o Mapa Literario de Compostela na Feira do Libro.

Compartir: