Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 21 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

18.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á inauguración da Xornada "identidade sexual na infancia. Abrir os ollos: escoitar, ver e acompañar".

19.30 h
No Museo do Pobo Galego, a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste á inauguración da exposición Libros Conversos.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á presentación da memoria de actividades de 2015 de Cruz Vermella.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, conversando con… Lorenzo Viotti.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixido por Lorenzo Viotti, e con Steven Osborne ao piano, dentro do Programa de Abono. Interpretan obras de G. Verdi, M. Ravel e C. Franck.

21.00 h
No Teatro Principal, Encontro Universitario de Danza da USC.

Axenda Bos Aires (entre paréntese, hora en Santiago)
11.00h.- (16.00 h)
Audiencia do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, co embaixador de España en Bos Aires, Estanislao de Grandes Pascual.
12:00 h.- (17.00 h)
Recepción oficial na Embaixada de Bos Aires.
18:30 h.- (23.30)
Inauguración oficial da 42ª Feira Internacional do Libro de Bos Aires.
Sala Jorge Luis Borges
20:30 h.- (01.30 h)
Inauguración e presentación pública do Stand da Xunta.

Compartir: