Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 2 de abril

10.00 h
No Salón de Plenos do Concello de Cuenca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á Asemblea de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

10.30 h
En Belvís, o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, asiste ás actividades organizadas polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC). Ás 10.30 h, animación de rúa "A música das árbores" e ás 12.30 h terá lugar o espectáculo "Caramulo, o xinete das árbores", a cargo do contacontos Anxo Moure. A montaxe está pensada para nenas e nenos, que poderán descubrir os segredos das árbores dun xeito divertido.

12.30 h
A Galería Sargadelos (Rúa Nova,16) acolle, no marco da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, unha sesión de contos e música para os nenos e nenas de Santiago de Compostela e as súas familias.

20.30 h
No Teatro Principal, o ballet de Carmen Roche presenta ‘Coreógrafos Españoles de Norte a Sur’.

Compartir: