Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 11 de abril

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, función didáctica de ‘Xoga’ coa compañía Entremans.

10.00 h
No Cersia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese cos directores dos colexios de educación infantil e primaria do concello, acompañado polo concelleiro de Educación, Manolo Dios. Declaracións ás 11.00 h.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a Carreira Nocturna SantYaGO. Na rolda tamén estará o presidente do Club de Atletismo Fontes do Sar, José Antonio Juanatey; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e a madriña da proba.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Marta Lois, para presentar o Programa de formación continua para comerciantes no eido do consumo. Na rolda tamén estará Miguel López, presidente da Unión de Consumidores de Galicia.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, reúnense co presidente e co secretario executivo de Ternera Gallega, Jesús González Vázquez e José Gómez Viaño.

Compartir: