Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 1 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participa no acto organizado pola asociación Aspanaes e a Federación Autismo Galicia con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Na noite do 1 ao 2 de abril os edificios da praza sumaranse ao movemento internacional "Light it up in blue" iluminándose de azul.

11.00 h
Na Galería Sargadelos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a XVI Campaña municipal de animación á lectura "Contos para despois da chuvia".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

18.30 h
No Cersia, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, clausura as xornadas de Fademga.

18.30 h
No paraninfo da Universidade, os concelleiros Marta Lois e Manuel Dios asisten ao acto de celebración do XX aniversario da Asociación de Antigos Alumnos da USC no que se lle outorgará o título de socio de honra a Juan Casares Long.

19.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á Gala do Atletismo.

20.30 h
No Polígono do Tambre, o concelleiro Rafael Peña asiste á presentación da temporada do Club Ciclista Compostelano.

20.30 h
No Campus Sur, o concelleiro Manuel Dios asiste ao acto de imposición de bolsas do colexio maior Rodríguez Cadarso.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dentro do Programa de abono. Dirixida por Eduardo Portal, e con Baiba Skride, violín, interpretan obras de Beethoven, Schumann e Brahms.

21.30 h
No Teatro Principal, concerto de Yhadira que presenta o seu último traballo ‘Estúpida sentimental’.

Compartir: