Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 9 de marzo

9.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o embaixador de El Salvador, Jorge Palencia Mena.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e do xerente da USC, José Manuel Villanueva, para presentar o convenio de colaboración entre as dúas institucións para a mellora da actuación ante situacións de emerxencia.

11.00 h
No Parlamento, a tenente de alcalde, María Rozas, asiste á toma de posesión de Constantino Carrera e Beatriz Rodríguez como membros do Consello de Contas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para dar conta dunha das actividades propostas polos mozos e mozas de Santiago dentro do proxecto de orzamentos participativos. Asisten á rolda Uxía Ferreiro, Sara Senande e Uxía García, da asociación de estudantes do Colexio Maior San Clemente.

19.00 h
En Vista Alegre (Local social), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, reúnense coa asociación de veciños Álvaro Cunqueiro e a veciñanza do barrio.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Femenino Singular’, unah comedia aceda sobre a maternidade protagonizada por Marta Belenguer, Rosa Manteiga, Carolina Solas, María Vázquez e Jorge Muñoz.

Compartir: