Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 5 de marzo

Todo o día
En OlaLab Acción Cultural (Porta da Pena, 10), Xornada de Artes Conxugadas ‘Ao fío da muller’. Talleres, conferencias, documentais, performances, lecturas...

10.30 h
No Polígono do Tambre (vía Pasteur, 53) a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á inauguración das IX Xornadas de Técnicos, Deportistas e Voluntarios organizadas por Special Olympics Galicia.

11.30 a 14.00 h
No Teatro Principal, ‘Ponencias Perras’, coloquio con Eduardo Pérez-Rasilla, Alfonso Becerra, Antón Lopo e Ana Vallés. Dentro das actividades do 30 aniversario de Matarile Teatro.

12.00 h
No parque de bombeiros, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asisten ás actividades organizadas polo Servizo de Extinción de Incendios con motivo do seu patrón. Haberá simulacros de rescate en altura e de excarceración en vehículos, obradoiros sobre manipulación de mercadorías perigosas e propostas para os máis pequenos.

12.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao partido entre o Santiago Futsal e o Ribera Navarra.

19.30 h
No Polígono da Costa Vella, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de medallas do XIV Duatlón Cidade de Santiago.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘El cuello de la jirafa’, creada e dirixida por Ana Vallés. Con Óscar Codesido, Mónica García, Enrique Gavilán, Baltasar Patiño, María Roja e Ana Vallés, como intérpretes. Dentro das actividades do 30 aniversario de Matarile Teatro.

21.00 h
Na Sala Capitol, celebración do espectáculo "Galadas", dentro da Campaña Compostela, Territorio de Mulleres e con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Tratarase dun espectáculo multidisciplinar, dirixido por Mercedes Peón e protagonizado por diferentes mulleres de diversas disciplinas artísticas: Janet Novás, Mónica de Nut, Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Ana García e o broche final das tocadoras de Toutón. A entrada é de balde e poderá recollerse no Teatro Principal entre o 1 e 4 de marzo de 18:00 a 21:00h e o propio día 5 de marzo na Sala Capitol a partir das 20:00h. Asisten o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Marta Lois.

Compartir: