Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 4 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico de Xacobe Martínez Antelo Standard Quartet.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar a XVI Campaña municipal de animación á lectura. Na rolda tamén estará Xosé Ballesteros, director-xerente de Editorial Kalandraka.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Juan Viaño, asinan un convenio relativo á tramitación e concesión do premio de ensaio e creación audiovisual Xohana Torres.

20.00 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á entrega de premios Galicia de Enerxía 2016 da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia. Asiste tamén o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘El cuello de la jirafa’, creada e dirixida por Ana Vallés. Con Óscar Codesido, Mónica García, Enrique Gavilán, Baltasar Patiño, María Roja e Ana Vallés, como intérpretes. Dentro das actividades do 30 aniversario de Matarile Teatro.

Compartir: