Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 3 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, xunto coa directora do Museo de Historia Natural, Mabel Fraga, para presentar o convenio de colaboración entre ambas entidades para a posta en marcha de actividades de divulgación científica.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
NA SALA CAPITOL, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, acompañada pola artista Mercedes Peón, para presentar o espectáculo "Galadas", dentro da campaña Compostela, Territorio das Mulleres.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, María Tobar, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No Teatro Principal, ‘Hombres Bisagra’, dirixida por Ana Vallés e Baltasar Patiño. Con Miguel Torres e Carlos Hermida como actuantes performers e Nacho Sanz e Baltasar Batiño como músicos performers. Dentro das actividades do 30 aniversario de Matarile Teatro.

20.30 h
No Teatro Principal, ’Staying Alive’, creación e dirección de Ana Vallés e con Mónica García, Janet Novas, Nuria Sotelo, Rut Balbís e Ana Vallés na interpretación e coreografía. Dentro das actividades do 30 aniversario de Matarile Teatro.

Compartir: