Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de marzo

10.30 h
Dentro dos actos de celebración do Banquete de Conxo, obradoiro "Quen teme a poesía?" cos nenos e nenas do CEIP Quiroga Palacios, e ás 12.00 h, obradoiro "Poesía+Graffiti" co alumnado do IES Eduardo Pondal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

11.45 h
Baixada da bandeira europea a medio mastro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na sede de Correo (rúa do Franco, 4), a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste ao acto de presentación da nova web de Correos sobre o Camiño de Santiago.

12.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste á presentación de Smart Camiño.

19.30 h
Na escalinata do pavillón central do Hospital psiquiátrico de Conxo, acto poético de celebración do Banquete de Conxo, conducido por Olalla Cociña e con Sara Villar Aira, Oriana Méndez, Jesús Castro Yáñez, Dores Tembrás, Xocas Meixide e Celso F. Sanmartín.

20.00 h
Na Igrexa da Universidade, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á inauguración da exposición Círculo de Mulleres.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Edmon Colomer, previo ao concerto no que dirixe á Real Filharmonía de Galicia)

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Edmon Colomer, dentro do Programa de Abono. Xunto a Sandra Pastrana, soprano; José Antonio López, barítono; o Orfeón Terra a Nosa e o Coro Universitario, dirixidos por Miro Moreira, intepretan obras de G. Fauré.

Compartir: