Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 15 de marzo

9.45 e 11.30 h
No Teatro Principal, Recursos Educativos presenta unha función didáctica de ‘L’avare’ de Molière (en francés).

11.30 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, asisten ao acto de entrega dun vehículo para Protección Civil por parte da Xunta de Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar o programa gastronómico para a Semana Santa. Tamén estarán os presidentes de Hostalería, José Antonio Riveiro e Sara Santos.

16.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación do plan económico-financeiro.
2. Aprobación inicial do orzamento e cadro de persoal do Concello para o ano 2016.

20.00 h
No Centro Comercial Compostela, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro "Otros tiempos. El fútbol en Santiago", de Braulio Anca.

Compartir: