Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 13 de marzo

10.30 h
Paseo con Encarna Otero polas fontes de Santiago, dentro do programa CAMIÑOS DA AUGA, incluído na campaña Compostela, Territorio das Mulleres, posto en marcha pola Concellaría de Igualdade con motivo do Día Internacional das Mulleres. Saída da Libraría Lilith (rúa Travesa,7).

11.00 h
No pavillón de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega as medallas do Xogajudo 2016.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda Municipal de Música e da Banda do Conservatorio Profesional que interpretan ‘La Passió de Crist’ dirixidos por Juan Miguel Romero Llopis.

13.00 h
Na Granxa do Xesto, a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega os trofeos do II Trail de Compostela.

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Excéntricas presenta ‘Os amores de Jacques o Fatalista’. Con Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e Piti Sanz, dirixidos por Quico Cadaval.

Compartir: