Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 1 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, función didáctica de ‘Jim e a illa do tesouro’, de Eme2 Producións. Unha idea orixinal de Jokin Oregi, Javi Tirado e Álex Díaz, con Rocío González e Toni Salgado como actores/manipuladores.

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reúnense con Aspanaes (Asociación de pais de persoas con trastorno do espectro autista).

11.00 h
Na praza Roxa, o voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e o concelleiro Gonzalo Muíños manteñen un encontro cos medios.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para para dar conta do estado do plan de obras nos centros de ensino de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a programación cultural para o mes de marzo.

13.00 h
Na Concellería de Benestar Social, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, preside a Mesa para a elaboración dun protocolo de prevención e atención ás persoas afectadas polos desafiuzamentos

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Teatro Invisible’, creación e interpretación de Ana Vallés. Dentro das actividades do 30 aniversario de Matarile Teatro.

Compartir: