Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 28 de febreiro

12.00 h
No Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), concerto das agrupacións musicais de Banda e da Orquestra de corda da Escola Municipal de Música, dirixidas polos profesores Óscar Fernández e Mario Diz. Este concerto arredor da música instrumental ten por finalidade dar a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses na Escola e nel participarán máis de 70 alumnos e alumnas acompañados dos seus directores e das súas familias. Entrada libre e de balde ata completar aforo.

12.30 h
Na Sala Agustín Magán, concerto da Banda Municipal de Música, baixo o nome de ‘Cervantes e Shakespeare’. Están dirixidos por Juan Miguel Romero LLopis e con Ana Carreira de narradora.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Palabras Malditas’ de Teatro do Noroeste. Con Sara Casasnovas, Inma Alonso, Miquel Ínsua e Luma Gómez, dirixidos por Eduardo Alonso.

Compartir: