Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 19 de febreiro

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e de Uxía para presentar o concerto dedicado a Manuel María que a cantante ofrecerá o vindeiro luns no Teatro Principal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello (salón verde), o alcalde de Santiago e presidente de Incolsa, Martiño Noriega, asina un acordo de colaboración coa presidenta de Hostalería Compostela, Sara Santos; o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; e o administrador da Catedral, Gonzalo García, para garantir o funcionamento do Botafumeiro todos os venres do ano. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate no salón vermello.

19.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste á entrega das Medallas de Ouro do Colexio de Avogados de Santiago. Na categoría de "non avogados" recibe a distinción a Policía Local de Santiago.

21.30 h
No Coliseum da Coruña, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, asisten ao partido da Copa do Rei de baloncesto entre o Rio Natura Monbus Obradoiro e o Laboral Kutxa Baskonia.

Compartir: