Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 16 de febreiro

10.30 h
En Conxo (rúa Sanchez Freire, 90), a concelleira de Igualdade e Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visita as intervencións artísticas en locais baleiros do barrio.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reúnense coa presidenta de Unicef-Galicia, Myriam Garabito.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos representantes municipais da CIG.

12.00 h
Na Casa do Concello (salón verde), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Turismo, Marta Lois; e o responsable de Turkish Airlines en Galicia, Ertan Alpay, asinan un convenio de colaboración. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate no salón vermello.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

17.30 h
No CS O Pichel (rúa Santa Clara, 21), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación Veciñal As Marías.

21.00 h
No Pavillón de Santa Isabel, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, saúdan os xogadores e técnicos do Rio Natura Monbus Obradoiro antes da súa participación na Copa do Rei de baloncesto.

21.00 h
No Teatro Principal, segunda cita do Festival Internacional de Teatro da USC. A Aula de Teatro da Universidade representa Cinzas.

Compartir: