Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 12 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, as concelleiras de Emprego e de Políticas Sociais, Marta Lois e Concha Fernández, reúnense coa Plataforma polo Emprego. Envariase nota e foto.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Noa Morales, para presentar o Campionato galego de patinaxe artística.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto dentro do programa didáctico da Real Filharmonía de Galicia e os alumnos do Conservatorio Profesional de Santiago, dirixidos polo mestre Diego García. Interpretarán a "sinfonía nº 5 en Si bemol Maior, D.485" de F. Schubert

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, concentración en repulsa pola agresión homófoba que tivo lugar este luns e en apoio ás vítimas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda do Conservatorio Profesional e da Banda Municipal de Música de Santiago, que contará coa participación do solista Ximo Vicede ao trombón.

Compartir: