Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 1 de febreiro

10.30 h
No local social de Figueiras, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños Nova Xeira.

11.30 h
No Salón de Actos do Edificio Administrativo de Monelos (A Coruña), o concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, asiste á presentación do Plan Marco para a mellora dos camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para presentar o balance do tranporte urbano en 2015.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co xerente do Centro Comercial As Cancelas, Javier Casado.

13.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asiste ao acto de presentación do proxecto "Mentoring: desenvolvemento profesional".

18.30 h
No local municipal do grupo socialista, o presidente da Federación de Anpas, Fernando Lacaci, reúnese cos integrantes do grupo municipal. SÓ GRÁFICOS. Nota ao remate.

Compartir: