Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 21 de xaneiro

11.00 h
No Salón Vermello do Pazo de Raxoi, o alcalde da cidade, Martiño Noriega; o director territorial de "la Caixa" en Galicia, Marc Arthur Benhamou; e o xefe de Coleccións da Henry Moore Foundation, Sebastiano Barassi, inauguran a exposición ‘Henry Moore. Arte na rúa’. A continuación, descobren as pezas cubertas na Praza do Obradoiro e o comisario da mostra, Sebastiano Barassi, fará unha visita guiada.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar a Diagnose sobre desigualdade de xénero en Compostela.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das seguintes actas:
Sesión ordinaria do día 9 de novembro de 2015 (núm. 16/15).
Sesión extraordinaria urxente do día 2 de decembro de 2015 (núm. 18/15).
Sesión ordinaria do día 7 de decembro de 2015 (núm. 19/15).
2. Aprobación inicial do Regulamento do Consello municipal de turismo.
3. Proposta da alcaldía de participación no Proxecto "SMARTER TOGTHER".
4. Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM na Rocha. Estrada N-550 – PK 67.
5. Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM no ámbito do equipamento deportivo ZD-7 en Agra dos Campos-Aríns.
6. Aprobación definitiva do Regulamento da Comisión Asesora de Patrimonio Histórico do Concello de Santiago.
7. Rexeitamento de recurso de reposición á declaración da necesidade de ocupación e das alegacións presentadas á iniciación do expediente de imposición de servidume para alumeado público en Vista Alegre.
8. Proposta da concelleira de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, de nomeamento dos novos membros colaboradores do Padroado na Fundación Refuxio de Animais.
9. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, relativa ao incumprimento do acordo para a reforma do Regulamento de funcionamento do Pleno.
10. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa ao absentismo e abandono escolar.
11. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á creación dunha Comisión dun Pacto Social contra a pobreza.
12. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á rehabilitación da Vía Verde Santigo-Oroso-Ordes.
13. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a adopción de medidas urxentes para a transparencia da xestión municipal.
14. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a nova licitación das obras no Romaño e Guadalupe-Vite.
15. Proposición do grupo municipal do BNG, para ampliar, mellorar e modernizar a rede de iluminación pública.
16. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa á necesidade de constituír a Comisión de participación, igualdade e transparencia.
17. Solicitude do grupo municipal do Partido Popular de comparecencia do concelleiro delegado de educación e cidadanía.
18. Dar conta de rectificación de erro material no acordo plenario de 9 de novembro de 2015, sobre a ordenanza fiscal 1.04.
19. Dar conta da elevación a definitivo do acordo de aprobación inicial da modificación de ordenanzas fiscais para o ano 2016.
20. Dar conta de escritos dos grupos municipais Socialista e do BNG, designando representantes no Consello de Relacións Veciñais.
21. Dar conta de resolución da alcaldía de data 15 de xaneiro de 2016, designando alcaldesa en funcións a primeira tenente de alcalde.
22. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
23. Rogos e preguntas.
24. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.15 h
No Teatro Principal, Lisvet Barcia Cabrera presenta ‘Eco hecho carne’ e a continuación, ás 20.30 h, a Compañía Entremáns presenta ‘Blondy’s coffee’, dentro da programación de Danza.

Compartir: