Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 19 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, "Só unha escusa", programa didáctico de danza e teatro coa Compañía de danza Las Tricotouses.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar o primeiro balance das actuacións do Plan de axuda ás persoas sen fogar.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
En Madrid (Ministerio de Fomento), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa ministra de Fomento, Ana Pastor.

17.00 h
No Salón Verde, constitución do Consello Municipal da Saúde.

Previsións informativas para o mércores 20 de xaneiro

11.30 h
En Madrid, o alcalde, Martiño Noriega, asiste á presentación de Turismo de Santiago en FITUR.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Medio Rural, Rafael Peña, e de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre asuntos das súas áreas.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, primeira reunión plenaria do Pacto pola Mobilidade, na que se vai analizar un dos tres asuntos sectoriais previstos para estas xuntanzas: o da circulación.

20.15 h
No Teatro Principal, Lisvet Barcia Cabrera presenta ‘Eco hecho carne’ e a continuación, ás 20.30 h, a Compañía Entremáns presenta ‘Blondy’s coffee’, dentro da programación de Danza.

Compartir: