Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 14 de xaneiro

11.00 h
Na rúa do Avío, 15 (á altura do restaurante Don Manuel), o voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, mantén un encontro cos medios.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e Vicente Perez, Secretario da Asociación Cultural Francisco Asorey, para presentar o primeiro volume do Catálogo de Obras de Francisco Asorey que a Asociación publica coa colaboración do Concello de Santiago.

12.00 h
Na praza do Obradoiro gardarase un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Tarragona.

12.05 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, María Rozas, para presentar a proposta do goberno do anteproxecto de Orzamentos de 2016.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal socialista María Tobar e Gonzalo Muíños.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co secretario técnico da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, Víctor López.

19.00 h
Na rúa Empedrado, nº7, (local social) o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación de Veciños Falda do Pedroso.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da pianista Sofya Melikyan dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage. Interpreta obras de F. Chopin, F. Mompou e E. Granados.

Compartir: