Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 27 de setembro

A partir das 11.00 h
Na Alameda, xornada da bicicleta con motivo da Semana Europea da Mobilidade. Dende a Concellería de Espazos Cidadáns colabórase co colectivo Composcleta na organización desta xornada, na que haberá unha gymkana para os nenos de entre 8 e 14 anos (de 11:00 a 13:00 horas), un obradoiro de bicis (entre as 12:00 e as 13:00 horas) e unha pedalada pola cidade entre as 13:00 e as 14:00 horas. A pedalada sairá dende o Parque da Alameda.

A partir das 11.00 h
No IES Xelmírez, Máster Compostela Futbolín. Coa colaboración da Concellería de Políticas Sociais. Ás 21.00 h será a final e ás 22.00 h a entrega de premios.

11.00 a 14.00 h
No Centro Don Bosco, I Congreso Galego de Cultura Urbana: Xeración Hip Hop,. O proxecto está organizado pola Asociación Vella Escola coa colaboración do Concello de Santiago e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

12.30 h
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recibe os peregrinos do proxecto "Camiño do Sol. Súmate ao movemento do planeta".

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Morcego presenta ‘Presidente’ con Merce Castro, Xosé Touriñán, Celso Parada, Federico Pérez e Iolanda Muíños, dirixidos por José Prieto. Dentro do festival Teatro 2015.

Compartir: