Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 2 de setembro

10.00 h
Na Facultade de Óptica e Optometría, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste á inauguración das xornadas "Contaminación lumínica: unha nova fronteira".

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e do director de WOSINC, Iván Arias, para presentar o festival WOSINC, que se celebra do 11 ao 13 de setembro en Compostela.

11.00 h
No Pazo do Hórreo, a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste á toma de posesión da nova Valedora do Pobo, Milagros Otero.

11.30 h
No local da Asociación de Veciños de Vista Alegre, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre a Conta Xeral e outros asuntos da súa área tratados na Comisión de Economía e Facenda constituída durante a mañá.

17.00 h
En Madrid, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa ministra de Fomento, Ana Pastor.

21.30 h
Na praza das Pratarías, Noite Curta, proxeccións de curtametraxes dentro do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto.

Compartir: