Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 19 de setembro

9.00 h
En Madrid (rúa Nuncio, 8), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no XI pleno da Federación Española de Municipios e Provincias.

10.45 h
Na Praza do Obradoiro, as concelleiras de Deportes e de Política Social, Noa Morales e Concha Fernández, asisten á inauguración da Marcha ciclista unificada para persoas con e sen discapacidade Special Olympics Galicia. O percorrido iniciarase ás 12.30 h no Monte do Gozo para rematar arredor das 14.00 h na praza do Obradoiro coa entrega de premios, na que tamén estarán as concelleiras. Prevese a participación dun total de 130 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e organización e contará coa colaboración da Asociación ASPAS de Santiago.

11.00 h a 14.00 h
Dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade levarase a cabo unha campaña de información sobre os aparcadoiros de borde de Salgueiriños e Santa Marta nos seguintes puntos dos concellos de Ames, Teo e Oroso:
- Milladoiro (I): Rúas Anxeriz, Pardiñeiros, Agro do medio e praza de Manuel Murguía.
- Milladoiro (II): Rúa Rosalía de Castro.
- Bertamiráns: Avenida da Mahía entre as confluencias coa praza da Mahía e a travesía Pedregal.
- Cacheiras: Na avenida de Montouto.
- Sigüeiro: praza do Concello, rúa da Cultura, avenida da Grabanxa.

20.00 h
Na praza Roxa, concerto da Real Filharmonía de Galicia de presentación de temporada de abono Auditorio de Galicia-RFG. Dirixidos por Bram Sniekers interpretan obras de Mozart, Beethoven, Grieg, Rossini e Mendelssohn.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Noiteboa’ de Redrum Teatro. Con Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo e dirixidos por Alex Sampayo.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘El largo viaje del día hacia la noche’ de Eugene O’Neill dentro da programación de Teatro 2015. Con Mario Gas, Vicky Peña, Alberto Iglesias, Juan Díaz e María Miguel dirixidos por Juan José Afonso.

Compartir: