Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 14 de setembro

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente do Santiago Futsal, Ramón García.

11.00 h
Na sede do Consorcio de Santiago (rúa do Vilar, 59), a primeira tenente de alcalde, María Rozas, participa na presentación dos concertos que a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá a vindeira semana en barrios de Santiago. Tamén asisten a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, e a subdirectora do Auditorio de Galicia, Silvia Modia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Martiño Noriega; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o director de Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, Pela del Álamo, para presentar a programación do festival, que se celebra na cidade do 6 ao 11 de outubro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co alcalde de Teo, Rafael Sisto.

16:30 h
Na Consellería de Medio Ambiente, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asina o convenio de colaboración para a coordinación dos servizos de transporte público na urbanización dos Tilos, xunto co alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.

Compartir: