Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 6 de agosto

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
Na Praza da Quintana, Fusionarte presenta ‘Ao ritmo da maxia’ (maxia e música) dentro do festival Verán na Rúa. Este espectáculo forma parte do circuíto cultural e de lecer Cultura no Camiño promovido pola Xunta de Galicia con motivo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela e conta co patrocinio de Turismo de Galicia e do Agadic.

Compartir: