Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 2 de xullo

9.30 h
Na Alcaldía, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, recibe ao arcebispo de Santiago, Julián Barrio. Declaracións ao remate.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, para dar conta do estado das obras do Urbana Santiago Norte.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e o delegado da mesma en Santiago, Iván Sanmartín, xunto coa concelleira de Deportes, Noa Morales.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Plataforma da Casa da Xuventude xunto co concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte.

19.00 h
En Angrois (praza do Cruceiro), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación de Veciños de Angrois xunto co concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte.

20.00 h
Na Capela da Orde Terceira, concerto de Anna Maria Friman, John Potter, Ariel Abramovich e Jacob Heringman baixo o nome de ‘Amores pasados… e amores presentes… desdebuxando fronteiras’, enmarcado dentro do festival Via Stellae.

20.30 h
No CSC Aurelio Aguirre de Conxo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado dos concelleiros Jorge Duarte e Xan Duro, reúnese coas directivas da Asociación de Veciños Conxo Aberto e da Asociación de Comerciantes Esperta Conxo.

22.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto do pianista Brais González baixo o nome de ‘espírito barroco # alma atlántica construíndo unhas novas estacións' e enmarcado dentro da sección OFF#STELLAE… improvisando!! do festival Via Stellae.

Compartir: