Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 10 de xuño

11.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago en funcións, Agustín Hernández, fai entrega dun novo vehículo para Protección Civil.

20.00 h
No Teatro Principal, representación da obra gañadora de primaria do XX Certame de Teatro Intercentros ("Extraescolar", do grupo "Alumnado de 6º do colexio San Jorge").
Ao remate da representación, a concelleira de Educación en funcións, Maite Cancelo, fará entrega dos diplomas aos centros participantes e dos agasallos aos premiados nas categorías de mellor actor, mellor actriz e grupo gañador.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda do Conservatorio Superior de Música da Coruña dentro do ciclo Novas Orquestras. Con Manuel Casares, piano e Ricardo Pedrares, trombón.

21.00 h
No salón Teatro, concerto de Uxía & narf que presentan ‘As baladas da Galiza imaxinaria’ dentro do ciclo Sons’15.

Compartir: