Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 5 de maio

9.00 h
No IES Xelmírez I (rúa Poza de Bar), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á apertura das Xornadas do programa COMENIUS.

10.30 e 12.00 h
No Teatro Principal, Redrum Teatro presenta a comedia musical ‘Moito conto’, dentro do programa escolar.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura, María Antón, para presentar o programa das Festas da Ascensión.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, María Corral, para presentar a ANDAINA DOS 50 quilómetros.

12.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, asina a renovación do convenio de colaboración co Colexio de Avogados para a promoción de acordos a respecto dos alugueres de locais comerciais.

18.30 h
A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acolle o Festival de Música e Movemento organizado pola Escola Municipal de Música. Ten por finalidade dar a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses na Escola e nel participarán máis de 185 alumnos e alumnas, acompañados do profesorado da EMM e das súas familias.

Compartir: