Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 12 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Maite Cancelo, para presentar o X Certame de danza Intercentros "Compostela en danza".

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Fonseca, a concelleira María Antón asiste ao acto literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

12.00 h
Na Praza de Abastos, a concelleira Reyes Leis asiste á presentación da XXII Festa Gastronómica do Galo de Curral.

19.00 h
No CSC da Trisca, encontro con escritor Diego Ameixeiras. Clubes de lectura. Dentro do programa "Ler, contar e gozar coas letras".

20.30 h
No Salón Teatro, concerto de Vaudí (Asturias, música brasileira) que presenta ‘Un poco de ti… Víctor Manuel en clave brasileira’, dentro do ciclo Sons’15.

Compartir: