Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 30 de abril

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, a Banda Municipal de Música e Viravolta Títeres presentan ‘Peer Gynt’, dentro do programa escolar.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
No Teatro Principal, representación de "Escoitando a Filgueira Valverde", actividade organizada pola Concellería de Normalización Lingüística. Asistirán preto de 300 rapaces dos centros de ensino secundario de Compostela.

13.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, clausura o Foro da Intermediación e o Emprego.

20.00 h
No Recinto feiral de Amio, LAPSO 2015, dentro do Compostela Rock. Con The National, The Gift e Best Boy

20.15 h
No Auditorio de Galicia, conversando con… Abe Rábade.

20.30 h
Na Residencia tenente coronel Barroso, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao acto de imposición de bolsas, acompañado polo concelleiro Alejandro Sánchez-Brunete.

20.30 h
Na residencia universitaria Monte da Condesa, a concelleira de Educación, Maite Cancelo, participa nun acto no que falará sobre a súa experiencia como directora desa residencia a principios dos anos 90.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel e con Abe Rábade Trío, dentro do Programa de Abono. .

Compartir: