Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 10 de abril

10.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación, se procede, da urxencia da sesión.
2. Dar conta de decreto de liquidación do orzamento de 2014.
3. Aprobación de crédito extraordinario nº 2015-CREXT-00, para investimentos financiados con cargo a remanente de tesourería afectado.
4. Aprobación dos expedientes de suplemento de crédito nº 2015-SUPLE-01 e de crédito extraordinario nº 2015-CREXT-01.
5. Aprobación de crédito extraordinario nº 2015-CREXT-02, para dar cobertura aos xuros por mora derivados das sentenzas recaídas en procedementos xudiciais en materia salarial.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

20.30 h
No Auditorio Abanca, Raul Cimas & Julián López presentan ‘Toda la verdad sobre el oso hormiguero’ dentro do ciclo Falabaratos.

20.30 h
Na Zona C, A Artística presenta ‘Arquitectura da emoción’ dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Compostela Reggae con Terrakota, Malaka Youth e Rebel Roots, dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: