Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 3 de decembro

11.00 h
En Conxo (Casa Pajueleira, rúa Sánchez Freire, nº81), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, sobre o programa Consumo Conxo/Conxo Consume.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maxinimo Zumalave.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, da concelleira de Normalización Lingüística de Ames, Isabel Vaquero, e dun representante do Concello de Teo para presentar o programa Cartas de Nadal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director da Banda Municipal de Música, Juan Miguel Romero Llopis, para presentar os concertos do Ciclo de Nadal. Estará acompañado por Uxía Senlle, polo director do coro Cantorum Compostellana Coniunctio, Anxo Abel, e polo director da Banda de Gaitas de Forcarei, José Antonio Vidueiros.

12.30 h
No Cersia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de clausura do XXV aniversario da Fundación Luís Tilve.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
Na praza de Salvador Parga, 4, 1º, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na reunión da xunta directiva da Cociña Económica.

20.00 h
En Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición 40 anos de FOGA.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro Ensalle present ‘Las calles corrían por las calles’, dirixida por Pedro Fresneda. Dentro do ciclo de Teatro.

20.30 h
No Hotel San Francisco, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao X aniversario de San Francisco Hotel Monumento.

Previsións informativas para o domingo 3 de xaneiro

12.30 h
No Teatro Principal, Concerto de Reis da Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Juan Miguel Romero LLopis, e acompañada polo coro de alumnos e alumnas d Escola Municipal de Música.

Nadal 2015

Toda a programación de Nadal en www.nadalencompostela.com

Compartir: