Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 23 de decembro

10.00 h
En El Romero (rúa Galeras, 22), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e concelleiros do grupo municipal de Compostela Aberta manterán un almorzo informativo cos medios de comunicación.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o Concerto Efecto Proximidade, dentro do Programa de Nadal 2015. Na rolda tamén estará un dos músicos participantes.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con membros da Asociación Cultural O Galo.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con representantes do Museo de Historia Natural encabezados pola súa directora, María Isabel Fraga.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Unha educación incompleta. Unha opereta de Chabrier pra tres cantantes e piano’, concerto de Belén López e Ruth González, sopranos; Elías Benito Arranz, barítono; e Rubén Fernández Aguirre, piano; con Quico Cadaval de narrador. Dentro do XV Todo Lírica.

Nadal 2015
Toda a programación de Nadal en www.nadalencompostela.com

Compartir: