Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 2 de decembro

9.30 h
Na Sala Circular do Auditorio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á apertura da xornada de traballo sobre Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible, dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Salón Verde, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reúnese co Comité de Empresa dos Bombeiros.

11.35 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para valorar a última edición de Santiago(é)tapas e presentar un avance de Compostela Gastronómica. Estará acompaña polos presidentes da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos e José Antonio Riveiro, e por un dos organizadores do Camiño das Burbullas, Javier Míguez.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a asociación de veciños A Galea.

16.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da urxencia da convocatoria.
2. Aprobación de suplemento de crédito 2015-SUPLE-03.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a entrega de premios da Gala do IV Circuíto de Carreiras Saudables do Concello de Santiago, CorreSan 2015.

Compartir: